Guía de ecoloxía cotiá : ideas e accións para un consumo sustentábel / Ramsés Pérez Rodríguez
por Pérez Rodríguez, Ramsés [autor/a]
.
Tipo: 


Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | EOI de Pontevedra Sala préstamo | 3 PÉR guí | 1 | Dispoñible | PEJ003000012544 |
|
Bibliografía: p. 155-157
Ligazóns web: p. 158-163
A presente guía é o resultado do traballo desenvolvido polo seu autor nos últimos sete anos en diferentes programas de educación ambiental e desde a súa responsabilidade neste eido en ADEGA.
A súa finalidade é a de achegar ideas ao debate sobre o modelo de sustentabilidade, especialmente no referido ao ámbito do consumo e á ecoloxía doméstica, así como divulgar prácticas que incidan en actitudes e comportamentos coherentes coas ideas defendidas.
O actual modelo de sociedade de consumo comeza a dar síntomas de esgotamento, sendo cada vez máis frecuentes as mostras de insustentabilidade. A crise ambiental preséntase logo como unha oportunidade e suscita un apaixonante reto colectivo e individual.
A guía non só pretende presentar unha presa de receitas máxicas para facer máis verde o día a día, senón tamén provocar a reflexión sobre a relación co medio reflectida nas actuacións como consumidoras e consumidores, para despois presenta algunhas iniciativas que faciliten a redución do impacto ambiental.