Canosa, María

Luísa Villalta, melodía de palabras . Letras Galegas, 2024 / Canosa, María - 1ª - Vigo : Edicións Xerais de Galicia , 2023 - 78 páxinas ; 19 cm. - Colección Merlín, número 350 .

Luísa Villalta (1957-2004) foi unha muller comprometida coa vida e fixo desta un espazo máis amable, que encheu de compromiso e de beleza. A Villalta dedícaselle o Día das Letras Galegas 2024 pola súa inestimable achega literaria. Foi unha visionaria, unha modernizadora da poesía e do teatro, pero tamén unha congruente defensora das nosas raíces e da nosa historia. Ademais de na literatura, destacou tamén na súa faceta musical como violinista: música e literatura conflúen na súa obra e conforman un estilo propio e orixinal.

Inclúe un código QR para escoitar a voz da autora a través dunha presentación audiovisual

1º-2º BAC

978-84-1110-442-5


Canosa, María

82

Coa tecnoloxía Koha